Monday 29 de April de 2024

Minuto de silencio


O Concello de Ribeira gardou un minuto de silencio para mostrar o seu pesar polas dez persoas que perderon a vida no incendio que arrasou dous edificios na cidade de Valencia. O rexedor ribeirense, Luís Pérez Barral, mostrou o recoñecemento ao traballo desempeñado polos equipos de extinción e de emerxencias ante este tráxico suceso e envíalle as sentidas condolencias ás familias.